Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2019

Seguindo ás Estrelas

...durante milenios  a xente do mar seguía ás estrelas para chegar ó seu destino,  hoxe queremos con esta exposición  de CONSTELACIÓNS de MULLERES darlles o brillo e recoñecemento que todas elas deberían ter tido e non tiveron, servirnos de guías e referentes e,  empoderar ás rapazas para que loiten por ser elas as futuras estrelas. Seguindo ás Estrelas ,  é unha actividade das desenvolvidas para conmemorar o 8 de marzo dentro do proxecto " A Igualdade sabe a Sal ", adicado a visibilizar e salientar o papel que tiveron, teñen e terán  as mulleres nos diferentes eidos, en especial as do mundo da mar . Vai por elas a súa propia constelación.